Cangas volve ser o lugar perfecto para poder gozar do mundo do cómic. A localidade do Morrazo acolle durante toda a semana unha edición do Salón do Cómic e Ilustración, unha mostra que chega a súa maioría de idade. A cita, que mesturará o cine ca novena arte, terá lugar na Praza de Abastos dende este luns 16 ata o vindeiro domingo día 22.
Este luns será a inauguración, ás 19:00 horas, na Praza de Abastos e o martes xa arranca unha programación que ven cargada de actividades e talleres. Ademais, un dos grandes reclamos deste Salón do Cómic e Ilustración de Cangas é a presenza de cinco autoras invitadas como Bea Lema, Cristina Durán e Miguel Á. Giner Bou, Pacheco & Pacheco, Quan Zhou e Raquel Riba Rossy.
O evento contará cun obradoiro de cómic que contará coa presenza de José A. Calvo e Jorge Campos (martes, mércores e xoves ás 12:00 horas), cun certame de cosplay (mércores ás 18:00 horas no adro da Capela do Hospital) ou a presentación da revista "O Tebeo nº 8". Sen embargo, o Salón do Cómic e Ilustración de Cangas destaca pola proximidade cos grandes autores da novena arte grazas ós coloquios e ás sinaturas. Nesta edición, os asistentes poderan coñecer a Luis Davila, Guillermo, Cristina Durán, Pacheco & Pachecho, Quan Zhou e Bea Lema.
O cine tamén ten protagonismo no Salón do Cómic e Ilustración de Cangas.O programa inclúe proxeccións o mércores, o venres e o sábado. Os asistentes poderán ver "Kubo y las dos cuerdas mágicas", "Valerian y la ciudad de los dos mil planetas" e "Guardianes de la Galaxia vol. 2". As proxeccións deste "cine de verán" terán lugar ás 22:30 horas no adro da Capela do Hospital.
O domingo, último día do Salón do Cómic e Ilustración de Cangas, só estará dispoñible a exposición dunha cita que este ano cumple a súa maioría de idade.
O concelleiro de Xuventude, Andrés García Bastón, a técnica de Xuventude, Mercedes Lorenzo, e o colaborador José Antonio Calvo participaron no acto de presentación da 18ª edición do Salón do Cómic e Ilustración de Cangas
Os asistentes poden asistir ó evento na Praza de Abastos de martes a sábado en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:30 horas. O domingo, o horario do Salón do Cómic e Ilustración de Cangas será só de 12:00 a 14:00 horas.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL