Warning: Undefined array key "HTTP_ORIGIN" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 2

Warning: Undefined array key "__lxGr__ses" in /var/www/vhosts/metropolitano.gal/pre.metropolitano.gal/releases/39/wp-content/plugins/jnews-amp-personalizado/templates/single.php on line 8
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre prensentan "Noró" en Tui - Metropolitano

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre prensentan "Noró" en Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres 9 de novembro, ás 21:30 horas, o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Neste concerto presentarán a música sólida ancestral e serena de "Noró, algunhas músicas do norte" o seu último traballo e fará, ademais, un repaso de traballos anteriores.

"Noró" é un retrato do seu día a día, das últimas viaxes. É unha celebración do equiibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara camiños insospeitados por explorar.

A formación está composta por Xabier Díaz na percusión, gaita e voz; Javier Álvarez co acordeón diatónico, Gutier Álvarez co violín e a zanfona e Adufeiras coa percusión e a voz.

O prezo da entrada é de 10 euros, 8 euros para a entrada infantil e con desconto. As localidades poderán adquirirse na web de culturatui até as 12:00 horas do venres ou no despacho de billetes a partir das 20:00 horas.

Salir de la versión móvil