A organización do Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, vén de anunciar a Zahara como unha das cabezas de cartel que formarán parte da programación deste ano. Unha nova edición que medra en días e contidos e que, ademais, terá lugar en distintos espazos da vila e estará dirixida a diversos tipos de público.
O músico Pablo Novoa, director artístico do festival, di que “contar con Zahara no cartel do Barbeira é unha riqueza. María é unha artista de altísima calidade cun público moi fiel que, ademais, encaixa á perfección coa maquinaria do festival. Zahara é un dos meirandes referentes musicais da actualidade e traerá a Baiona toda a sensibilidade das súas letras e a súa xenial posta en escena”. “Fainos moi felices contar con ela”, comenta.
Novoa anuncia tamén que “o cartel garda aínda importantes sorpresas”. “Toda a programación vai ser de luxo e está deseñada co obxectivo de chegar a distintas sensibilidades e gustos”, sinala, “e van convivir figuras principais do panorama nacional -das que Zahara es só o primeiro anuncio- con grupos galegos, portugueses e algún internacional”.
O festival continuará apostando por fomentar o coñecemento do Camiño Xacobeo ao seu paso por Baiona, igual que nas pasadas edicións, e desenvolverase en distintos espazos. En canto a isto, Isaac González, director do festival, desvela que ¨este é o ano no que, por fin, convertimos ao Barbeira Season Fest no que queriamos: unha aposta potente que axude a fomentar Baiona como un punto de encontro de lecer e cultura e con diversas opcións que encherán de contido espazos sorprendentes”.
O festival contará unha vez mais co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros en torno ao directo.
O público que queira asistir ao Barbeira Season Fest pode mercar xa o abono de lanzamento a un prezo de 35€ na súa web. Este prezo só será durante uns días ata a seguinte confirmación de cartel.
Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Barbeira Season Fest cun 15% de desconto. O Barbeira Season Fest conta, polo de agora, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona e Mahou como patrocinador privado principal.
Beade ofrece una primavera cargada de eventos para Vigo. Desde el "Concierto del cerezo en flor" hasta un desfile de moda
Braga acoge este viernes un gran evento centrado en la música latina. Así va ser la fiesta en la que no parará de sonar reggaeton antiguo
Parderrubias celebra por segundo año consecutivo su fiesta furancheira con puestos de comida típica y música tradicional de ambiente
O Porriño acoge dos sesiones formativas sobre salud mental de acceso libre que tendrán lugar los días 3 y 24 de abril
La Universidad de Vigo "incuba" 14 nuevas iniciativas empresariales del alumnado en diferentes modalidades
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL